domingo, 17 de abril de 2022

RETO DE PRIMAVERA

A primavera chegou e un novo reto con ela. Mik deixou en cada aula unha flor das que crecen na escola e na contorna mais próxima xunto cunha nota con dous retos. O primeiro investigar sobre a flor e anotar esa información nunhas follas de caderno de campo, co fin de unilas despois e ir creando un caderno propio. O segund,o desfrutar do poema que acompañaba á flor e aprendelo para logo gravar o seu recitado coa tablet da biblioteca.

Por último e a modo de agasallo, unhas cancións, algunhas de artistas de Galicia e outras dunha artista portuguesa, o noso país veciño co que temos tantas semellanzas; así coma unha curtametraxe.





Aquí quedan as cancións e a curta por se queredes volver a escoitalas ou escoitar as dos demais cursos.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recomendacións

O verán é un tempo longo no que desfrutar e vivir aventuras e, como xa sabedes, os libros e contos gardan moitas. É por iso que vos deixo un...