martes, 27 de junio de 2023

Madriñas e Padriños lectores

Como non fixemos a nosa actividade de madriñas e Padriños lectores. Como xa saberedes, o alumnado dos cursos superiores amadriña ou apadriña aos compañeir@s mais pequenos e, logo duns encontros previos e unha escolla de contos que fai o propio alumnado, chega o momento mais esperado, a lectura colectiva de eses contos aos amadriñados e apadriñados.

Foi un día estupendo para estar ao aire libre, coa música e os sons dos paxaros de fondo, compartindo o gusto por ler e escoitar contos e historias, por acompañar e sentirnos acompañad@s, por compartir.












Letras Galegas

Fai xa uns días falamos das Letras Galegas e vos contamos a proposta do noso Mik. Un percorrido polo centro, mapa en man, no que ir resolvendo algunhas "probas". Pois deixamos aquí algunha foto deses momentos.






















sábado, 17 de junio de 2023

Letras Galegas

Polas Letras Galegas, o noso amigo Mik colocou na entrada da biblioteca información sobre o autor homenaxeado: Francisco Fernández del Riego. Información que acompañou cunha proposta na que tivemos que seguir un mapa para ir resolvendo diferentes probas en distintos lugares do noso centro. Cada lugar estaba conectado con algún da nosa cidade que gardaba estreita relación con Francisco Fernández del Riego.

Quedan aquí unhas fotos dos diferentes lugares e probas que, por suposto, pasamos traballando en equipo.

Como elemento final do percorrido tivemos que colocar unha peza dun quebracabezas que rematou desvelando unha caricatura do autor.

Grazas a tod@s os colaboradores de Mik por facer posible esta actividade e tamén a vós, rapazada, polo voso interese e entusiasmo.



Primeira parada, toca pescar.

                                                

Segunda parada, creación de frases a partir de títulos das súas obras.




Terceira parada, crucigrama.




Cuarta parada, barcos de papel con papiroflexia.




Quinta parada, caligrama.






No caso de Infantil, algunhas das actividades foron modificadas.




Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...