martes, 27 de febrero de 2024

Nadal

Este Nadal, e como xa é "tradición" Mik preparou na Biblioteca o calendario de "Adviento" con información tanto do noso proxecto deste curso, como das tradicións destas datas na nosa terra e noutros lugares do mundo. 









Nadal

Para Nadal a Biblioteca volveu a prepararse para os nosos enredos cunha serie de propostas adaptadas aos diferentes cursos e relacionadas cos deportes de inverno. En cada estación había información sobre un dos deportes e unha proposta, dende pintar con cores frías a facer neve seguindo unha receita ou descubrir palabras por medio dun código, experimentar ca gravidade e o rozamento ou cos circuítos electrónicos.

Deixamos aquí algunha fotiño dos diferentes espazos e de nós mem@s desfrutando. Grazas Mik e ata pronto.









 


jueves, 15 de febrero de 2024

Día da Diversidade Funcional

O 3 de decembro conmemoramos o Día da Diversidade Funcional. Durante esa semana, o día que nos toca biblioteca baixamos a zona exterior para facer a proposta do noso ratiño preferido. Colocou para nós fotografías de deportistas da nosa cidade ou da nosa comunidade e logo uns carteis cos seus nomes e unha pequena biografía de cada un. O reto era unir cada imaxe co nome e a información correspondente. Iso si, deixou como axuda a tablet da biblioteca para poder consultar a información.  








Biblioteca, lugar de aprendizaxe

Os de 5º están tan a gusto na biblioteca que desta vez viñeron a traballar e investigar sobre aspectos matemáticos e de ciencias naturais.



Biblioteca, lugar de aprendizaxe

O alumnado de 5º de Primaria acudiu á biblioteca para traballar aspectos de Lingua: tipos de sustantivos, aspectos ortográficos... 

Seguro que o noso Mik quedou moi contento con estas visitas nas que a biblioteca se transformar para "xogar" con diferentes contidos de carácter curricular.



Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...