jueves, 25 de noviembre de 2021

SAMAÍN

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo cas breves historias de medo que creamos a partir das imaxes que Mik nos fixo chegar. Moitas grazas á mestra Cris polo traballo de montaxe e tamén a vós, rapazada, polo voso traballo e esforzo 🎃 🎃




martes, 16 de noviembre de 2021

jueves, 11 de noviembre de 2021

REAPERTURA DA BIBLIOTECA NESTE CURSO 2021-22

Como sempre aproveitamos o Día das Bibliotecas para inaugurar a nosa, e as novas actividades neste  curso . Ademais de recoller as mochilas, ver as novidades relcionadas co proxecto, recoller as carpetas e carnés dos que empezan Primaria, e como as circunstancias non permiten xuntarnos,  noso alumnado foi pasando pola biblioteca na última semana de outubro completando un gran mural colectivo e aportando cada quen as súas dotes artísticas sobre algúns animais xa extinguidos ou en perigo de extinción e do que vos amosamos o resultado.






Tamén agradecer á mamá artista e colaboradora, pola súa ilustración que podedes ver na cabeceira do blog e aquí tamén.


Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...