domingo, 26 de marzo de 2023

8 de marzo. Día da Muller

Como non podía ser doutro xeito, o noso Mik preparou para nós unhas propostas relacionadas con mulleres destacadas en relación ao noso proxecto deste curso. De todas as posibles elexiu dúas vulcanólogas, unha deseñadora galega de xoias e a todas aquelas mulleres vinculadas á minería. 

Ademais de ofrecernos información en diferentes formatos sobre cada unha delas, engadiu unha proposta mais específica. Da man das vulcanólogas tocou experimentar cun volcán; as mulleres e a minería deixaron para nós carboncillo e un papel especial co que explorar e facer as nosas creacións; e a deseñadora de xoias deixou material co que deseñar e confeccionar a nosa propia pulseira en pequenos grupos.

Quedan aquí unhas fotos dos diferentes espazos, pero permanece atent@s que pronto chegarán imaxes dos nosos momentos na biblioteca e as nosas creacións.

Grazas Mik por meternos nestes enredos.










Exposición rochas e minerais

Xa está aberta no laboratorio a exposición de minerais e rochas que foi posible levar a cabo co material de que dispón o centro xunto coas aportacións do profesorado e alumnado. Ademais de poder ver en directo moitas das rochas e minerais dos que xa levamos uns meses falando e sobre os que estivemos a traballar, podemos observar outros diferentes, así como participar en diferentes propostas que alí están preparadas, para algunha das cales compre facer algo de investagación empregando tanto o material impreso que acompaña á exposición como a recompilada a través de medios dixitais.


Ademais, esta semana, e grazas á colaboración dunha familia, puidemos contar ca voz experta dun xeólogo, que puido ampliar a información ao noso alumnado, ademais de resolver moitas das súas dúbidas.



Moitas grazas a tod@s os que fixéchedes posible esta proposta.


A nosa escola e a nosa biblioteca teñen a sorte de estar rodeados de seres máxicos e marabillosos. Pois, coa colaboración dun destes seres, pois doutro xeito non é posible, podedes crer que, sen saber nós como, o noso Mik instalou unha porta na biblioteca? 

Seguro que isto lle facilita moita mais o seu día a día, do que nos fai partícipes cada pouco cas súas propostas e notas. 

Quen sabe o que poderemos atopar no que queda de curso!




viernes, 10 de marzo de 2023

Entroido

As propostas do noso rato para o Entroido tiveron como eixo e punto de partida un libro de nova adquisición titulado Quen é quen?. Un libro que fala das máscaras en diferentes lugares e momentos da historia. Información que tamén foi presentada e completada nun vídeo, no que, como non podía ser doutra maneira, aparecían parte das máscaras dos diferentes Entroidos da nosa terra.

Con toda esta información e a obtida froito da investigación houbo que cubrir un pequeno cuestionario en formato dixital. E..., si ou si, por en marcha a nosa creatividade para decorar unhas máscaras que quedaban, xunto con diferente tipo de material, á nosa disposición tamén na biblio.

O resultado, como veredes, foi fantástico. Moitas grazas ratiño!!!!






  

Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...