viernes, 10 de marzo de 2023

Entroido

As propostas do noso rato para o Entroido tiveron como eixo e punto de partida un libro de nova adquisición titulado Quen é quen?. Un libro que fala das máscaras en diferentes lugares e momentos da historia. Información que tamén foi presentada e completada nun vídeo, no que, como non podía ser doutra maneira, aparecían parte das máscaras dos diferentes Entroidos da nosa terra.

Con toda esta información e a obtida froito da investigación houbo que cubrir un pequeno cuestionario en formato dixital. E..., si ou si, por en marcha a nosa creatividade para decorar unhas máscaras que quedaban, xunto con diferente tipo de material, á nosa disposición tamén na biblio.

O resultado, como veredes, foi fantástico. Moitas grazas ratiño!!!!






  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Correspondencia dende París

  Pois resulta que chegou unha carta para cada unha das aulas dende París, sede dos Xogos Olímpicos e Pralímpicos.  Ao abrilas descubrimos q...