martes, 21 de febrero de 2023

Temos o pracer de compartir con vós a presentación que, unha das escritoras preferidas por vós, vai a facer nunha das librarías da nosa cidade. Animádevos a acudir, seguro que será do voso agrado e xa sabemos o moito que vos gustan estes contactos directos cos creadores desas historias cas que vivides innumerables aventuras.

Sería estupendo coñecer despois as vosas impresións e que puidésedes compartir esta experiencia cos vosos compañeir@s.

Un saudiño Mik e axudantes.




jueves, 9 de febrero de 2023

A Paz

Xa vos contamos cal foi a nosa banda sonora para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia. Pois con ela como base e inspiración o noso amigo Mik fixo para nós unhas propostas. A primeira e despois de escoitar a canción consistiu en reflexionar e establecer un coloquio sobre aspectos como: a cantidade de cousas que temos, a necesidade das mesmas, os beneficios de compartilas, ect. Logo de reflexionar houbo que cubrir un pequeno "cuestionario" a partir do cal xurdiron imaxes e palabras que, o noso alumnado especialista en lettering, escribiu para todos. Con todo isto, imaxes e palabras, decoramos a entrada do centro e da biblioteca, para que cada día ao chegar puidésmos lembrar esas reflexións que fixemos en conxunto.


                                               











A segunda proposta foi aprender a canción para logo facer, ca nosa interpretación, un video da mesma ("Quiero para mi" de Canticuenticos). Pero.... a cousa non ía a quedar así e, tomando como inspiración o vídeo da canción orixinal, Mik animounos a vir disfrazad@s de algo relacionado ca temática do circo, un lugar onde cada quen pon en marcha as súas habilidades para dar forma a un espectáculo conxunto onde tod@s e cada un teñen a mesma importancia.
Deixamos aquí o resultado.


Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e entusiasmo, a vós familias por estar sempre dispostas a colaborar e a Laura por axudarnos con ensaios.

Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...