domingo, 26 de junio de 2022

Visita do escritor Milguel López "Hematocrítico"

Hoxe tocou a visita de Miguel López para o alumnado de Infantil. Viu para falarnos de dous dos seus libros: O meu irmono e Un can. A visita chega logo de ter traballado estes dous libros e ter desfrutado moito das súas historias. O meu irmono levounos a pescudar sobre as súas familias e os parecidos, ou non, que gardan os seus membros. Un can deu lugar a diferentes xogos, a un dos cales animamos a xogar ao autor na súa visita.

Moitas grazas a Miguel López por vir compartir un tempo con nós e a aquelas persoas que o fixeron posible, desfrutamos moito.






viernes, 24 de junio de 2022

A BOLBORETA ARLEQUÍN

Aquí tedes o vídeo da investigación realizada polo alumnado de 1º de Primaria sobre esta bolboreta en perigo de extinción. Clicade sobre a imaxe.

Bicos ratunos!!!



miércoles, 8 de junio de 2022

Investigación de primavera

Deixamos aquí unha presentación co resultado da investigación sobre as flores de primavera para o noso caderno de campo. Se clicades en cada flor xa vos leva ás follas do caderno. Dándolle a VOLVER regresades á páxina principal para seguir vendo a información das demais.
Foi un traballo ben interesante que seguramente retomemos o próximo curso para, así, ir aumentando o noso caderno de campo con todas aquelas flores que a primavera trae ao noso cole e arredores; coñecendo un pouco mais da nosa natureza.

domingo, 5 de junio de 2022

Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...