jueves, 18 de mayo de 2023

Autor@s

Unha nova visita, desta vez de Anxo Iglesias. Unha experiencia magnífica, na que puidemos desfrutar da súa compaña durante bastante tempo. Moitas grazas polo teu tempo, tanto no noso centro como o dedicado fora do mesmo.  








lunes, 15 de mayo de 2023

Autor@s

Unha xornada magnífia con Sabela Fernández. Se para calquera dos cursos a chegada da autora ou autor é agardada con impaciencia, moito mais para aqueles que aínda non acumularon moitas experiencias deste tipo.

Moitas grazas polo tempo e o esforzo, para nós foi unha xornada especial.







Autor@s

Esta vez foi Ramón Veiga o autor co que o alumnado de primeiro pasou un tempo de diversión e encontro. Como sempre moitas grazas por estas visitas. 










viernes, 5 de mayo de 2023

Atención, atención!!!

O alumnado do noso centro que participa en Interteatro representará para nós a vindeira semana a obra "Entre pedras sempre estou", cuxo argumento está inspirado no noso proxecto de centro deste curso. Aí estaremos para desfrutar e animal@s. 



jueves, 4 de mayo de 2023

Autor@s

O 19 de abril visitounos a escritora Andrea Maceiras para falarnos do seu libro Alma de elefante. Foi un tempo compartido estupendo no que desfrutamos da súa doce voz e dunha presentación moi atractiva. 

É sempre un luxo gozar desta oportunidade de conversar cos autores dos libros traballados en aula, nun ambiente próximo e cálido, comprendendo moito mellor o seu traballo e empapándonos da súas paixón polo que fan.

Moitas grazas por compartir parte do teu tempo con nós.











Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...