Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas.
Foi estupendo poder descubrir de onde xorde a inspiración para esas historias que saen do maxin de Ramón Veiga e que enchen os andeis da nosa biblioteca. Así como ese lugar onde esas ideas pasan a outro soporte, un soporte no que poder seguir traballando sobre a historia e poder compartir e desfrutar con outras persoas. Un soporte que será o paso previo a ese que logo nós podemos ter nas nosas mans.
Moitas grazas e ata outra ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario