Resulta que nalgunhas zonas da escola apareceron estes elementos pegados no chan. Que son? Para que serven? Terán algo que ver coa nota que nos deixou Mik nas aulas para algo dunha proba de orientación???? Sexa como for, pronto o saberemos. Comeza a aventura!!!!
viernes, 23 de octubre de 2026
Benvido@s
Benvid@s a un novo curso que chega cargado de aventuras e de viaxes. Como xa saberedes o proxecto deste curso leva por título "A volta ao mundo en 175 días".
O noso amiguiño Mik, como sempre, xa nos ambientou a biblioteca e o espazo da entrada do centro, por iso de ir facendo espertar a curiosidade e a maxia. Ademais deixou preparadas unhas novidades relacionadas co proxecto para nós, así que temos libros e xogos novos. Sen esquecer as mochilas, os carnés, as carpetas...
Ata nos deixou unha maleta. Dentro meteu un pasaporte, como non, unha guía de viaxes para que vaiamos completando e dous mapas do mundo, o habitual e o novo proposto pola ONU xunto cunha pequena explicación. Seica imos a ter que seguir gardando cousas, pero esas xa irán chegando.
Misterios
Resulta que nalgunhas zonas da escola apareceron estes elementos pegados no chan. Que son? Para que serven? Terán algo que ver coa nota que ...










