martes, 5 de marzo de 2024

Conto con LSE

En Infantil a Lingua de Signos está presente no noso día a día, pois considerámola como un elemento enriquecedor, ademais de que a súa presenza axude a súa visibilización, normalización e posta en valor.

Ademais temos a sorte de que unha nai dun dos nosos compañeiros sexa unha experta na Lingua de signos e, mais sorte tivemos, cando aceptou a proposta de vir contar algún conto con LSE. Moitas grazas a Verónica por agasallarnos co seu tempo e con esta experiencia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recomedacións

Quedan aquí as recomendacións que o noso amigo Mik nos fai para estas datas. Son días estupendos para compartir lecturas e viaxar a través d...