Este ano, o Día da Muller imos a adicarllo a mulleres deportistas, a mulleres que tanto por aspectos deportivos como persoais abren camiños e nos transmiten a mensaxe de que SI É POSIBLE.
Esta semana é momento de coñecelas, de que nos transmitan a súa motivación e nos axuden a ampliar os nosos coñecementos.
E aquí deixamos unhas fotografías realizando esas propostas que Mik organizou en diferentes espazos do centro. Cada unha delas relacionada cunha das protagonistas e en cada unha un reto diferente, dende actividade física ata crear con fio ao son da música ou respostar a algunhas cuestións de modo interactivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario