Para o Día da Paz o noso amigo Mik elexiu como inspiración unha canción titulada "Abriendo caminos", que aquí vos deixamos.
Logo de ver o vídeo e conversar sobre o mesmo e a letra da canción, a proposta foi crear oito mensaxes positivas, consellos de vida... Unha para cada un dos grupos do cole. Listas as mensaxes tocaba agardar a visita dun representante de cada aula que, coa súa botella, ía a percorrer o cole para recoller as súas mensaxes. A botella quedaría logo no noso mar, pois na nosa cidade, tema central do proxecto deste curso, o mar ocupa un lugar moi importante.
Deixamos tamén o vídeo elaborado coa canción como fonte de inspiración e os nosos camiños na procura das mensaxes.
Clicade na imaxe
E no noso mar, coas Cíes de fondo, quedaron as botellas ata o día 30. Ese foi o día no que visualizar o noso vídeo e recoller a nosa botella para ler as mensaxes, conversar sobre o seu significado e decidir que facer con elas, para telas visibles e que nos acompañen ao longo deste curso como fonte de inspiración, de sosego, de esperanza...
Moitas grazas aos mestres e ao alumnado e tamén as axudantes que acompañaron o noso camiño e fixeron a montaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario