viernes, 14 de febrero de 2025

A Paz

Como xa vos contamos, o día 30 foi o día de ver o noso vídeo e recoller a botella para ler as mesaxes e decidir que queríamos facer con elas. As opcións eran case infinitas. Imos a contarvos algunhas: o alumnado de 3 anos decidiu facer con elas bandeiras para o seu castelo e que así formasen parte do seu día a día, o alumnado de 5 anos elexiu unha imaxe relacionada con cada frase para poder lembrala cada vez que visen a imaxe, logo as colocaron nun lugar especial da aula; tamen en 2º e 3º decidiron telas presentes e ben visibles nun espazo determinado da súa aula.

Como vedes, o punto en común foi que estivesen á vista para poder lembralas e acudir a elas en calquera momento do noso tempo na escola. Deste xeito poderán reconfortarnos, axudarnos a xestionar situacións, a valorar as pequenas cousas... En definitiva, a estar mais a gusto con nós mem@s e cos demais. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

8 de marzo

Lembrades a Luísa Capetillo e a Arminda dos pantalóns? Pois con elas como inspiración, o noso Mik deixou na aula para actividades plásticas ...