viernes, 17 de abril de 2026

Día do Libro

Como o noso rato non da puntada sen fío, resulta que a correspondencia gardaba relación coa súa proposta para conmemorar o Día do Libro. Preparounos toda unha exposición sobre o papel e a escritura en diferentes momentos da historia, pois ambos son un elemento esencial nos libros que ocupan os andeis da nosa biblioteca. Ademais temos información sobre o proceso de produción do papel e as consecuencias para o medio, diferentes elementos cos que ir experimentando, unha mostra da cantidade de papel que nos acompaña no noso día a día... Convidounos a gardar o papel que desbotamos cada día e reflexionar logo dunha semana e, como elemento final, temos como proposta escribir unha carta a outro compañeiro da escola, iso si, con papel reciclado e sobres feitos dos libros de expurgo.

Pois aí imos, con ganas de saber, descubrir, experimentar...











 

Correspondencia

Tanto falar e traballar sobre os bosques que Mik decidiu ir de visita a algúns dos que mais preto quedan da nosa escola e que ademais gardan interesantes segredos. Soubemos das súas excursións grazas á correspondencia que nos foi facendo chegar. 


 

Agasallo para os axudantes

Sabedor o noso Mik de que aos maiores do cole tamén lles gusta enredar con cousas da cociña, sobre todo se son doces, e coñecedor de todo o traballo e axuda que prestan na biblioteca, quixo agasallalos cun taller para facer ovos de chocolate. Penso que non lles importaría repetir.

Moitas grazas axudantes e moitas grazas á reposteira guía. 



8 M

Para conmemorar o Día da Muller o noso amiguiño Mik fíxonos unha proposta para reflexionar sobre o papel da muller nos traballos relacionados co coidado e proteción do bosque; en concreto as mulleres brigadistas. Tamén descubrimos a Laura Vallejo, xoven adicada a traballos de corte e preparación da madeira. 

Moitas grazas Mik por axudarnos a visibilizar a este sector e coñecer un pouco mais as súas dificultades e desexos. 



Día do Libro

Como o noso rato non da puntada sen fío, resulta que a correspondencia gardaba relación coa súa proposta para conmemorar o Día do Libro. Pre...