Como o noso rato non da puntada sen fío, resulta que a correspondencia gardaba relación coa súa proposta para conmemorar o Día do Libro. Preparounos toda unha exposición sobre o papel e a escritura en diferentes momentos da historia, pois ambos son un elemento esencial nos libros que ocupan os andeis da nosa biblioteca. Ademais temos información sobre o proceso de produción do papel e as consecuencias para o medio, diferentes elementos cos que ir experimentando, unha mostra da cantidade de papel que nos acompaña no noso día a día... Convidounos a gardar o papel que desbotamos cada día e reflexionar logo dunha semana e, como elemento final, temos como proposta escribir unha carta a outro compañeiro da escola, iso si, con papel reciclado e sobres feitos dos libros de expurgo.
Pois aí imos, con ganas de saber, descubrir, experimentar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario