viernes, 27 de febrero de 2026

Día da Paz

Para conmemorar o día da Paz, Mik fíxonos unhas propostas relacionadas coa comunicación entre as árbores. Foi así como descubrimos a Suzanne Simard e as súas investigacións, como soubemos que as árbores, por medio das raíces dos fungos, se transmiten información e nutrientes; da importancia das chamadas árbores nai, da necesidade da convivencia de árbores de diferente tipo... E así reflexionamos sobre a nosa sociedade, a importancia das persoas que van acumulando saberes, da necesidade dunha sociedade diversa, de diferentes formas de comunicarse, como o silbo da Gomera, sinais de fume, as campás... E como despois de escoitar á neurocientífica Nazareth Castellanos nos deixamos levar pola música entendendo que o corpo aporta moita información cando falamos de comunicación.

Foron xornadas de reflexión, intercambio de opinións, novas informacións e descubrimentos, convivencia e moito mais. 

Moitas grazas a quen nos acompañou e conduciu nestas propostas.


 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Día do Libro

Como o noso rato non da puntada sen fío, resulta que a correspondencia gardaba relación coa súa proposta para conmemorar o Día do Libro. Pre...