Chega decembro e como ben sendo habitual o noso amiguiño Mik e, neste caso, as súas axudantes fadas do bosque prepararon para nós un "Calendario de adviento". Así que dende o día 1 toca achegarse á biblioteca para descubrir que gardará a nosa casiña do bosque do día. Serán lendas?; información sobre bosques de Galicia?; pezas de quebracabezas ou unha receita?. Quen sabe, parte da experiencia é o misterio que acompaña ao contido de cada xornada.
viernes, 28 de noviembre de 2025
viernes, 21 de noviembre de 2025
Samaín
Logo de amosarvos a nosa biblioteca preparada para o samaín, deixamos unhas fotografías das propostas que nos fixo o noso ratiño Mik.
O alumnado de Primaria entrou no noso bosque para xogar con xogos de mesa da temática do Samaín cos que desfrutar aprendendo sobre personaxes propias da nosa cultura. Ademais, son momentos compartidos estupendos nos que o falar, poñerse de acordo, respectarse, compartir...pasan a ocupar un lugar fundamental.
martes, 11 de noviembre de 2025
Samaín
Coa chegada do Samaín a nosa Biblioteca contaxiose do espírito desta celebración grazas á colaboración deses seres máxicos que temos a sorte de estar sempre dispostos a colaborar.
Foi neste espazo no que ao longo de varios días o alumnado de primaria puido gozar de diferentes xogos de mesa con temática acorde ao momento, no que coñecer e descubrir diferentes personaxes da nora terra.
Biblioteca, lugar de aprendizaxe
Tantas ganas tiña o noso alumnado de 1º de achegarse á biblioteca nesta nova etapa que comezan, que tan pronto puideron viñeron na procura de información, sabedores de que é este o mellor lugar do centro para iso.
Benvid@s!!!!
Reapertura
Chegou o momento da reapertura da Biblioteca e desta vez Mik, como sabe do noso pracer polo cine, fíxonos a proposta de ir á biblioteca a ver unhas películas sobre o bosque e eses seres que o protexen e loitan por gardar o tan necesario equilibrio. Ademias, e saberdor do ben que o pasamos cando nos transformamos noutro ser, propuxo vir disfrazados deses seres que habitan o bosque e se ocupan da súa protección.
Foi así como comezou a nosa andaina polas propostas e aventuras que dende a biblioteca nos fai Mik. Xa coa motivación no mais alto nivel, coas mochilas viaxeiras, as carpetas e carnés...
Recomendacións lectoras
Pasade moi bo verán e desfrutade de frescas lecturas. Vémonos en nada con novas aventuras.
-
Para conmemorar o día da Paz, Mik fíxonos unhas propostas relacionadas coa comunicación entre as árbores. Foi así como descubrimos a Suzanne...
-
E como a biblioteca é un lugar cheo de libros e historias, esta vez foi lugar de contacontos. Conacontos especiais, pois foron as axudantes ...
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)