viernes, 21 de noviembre de 2025

Samaín

Logo de amosarvos a nosa biblioteca preparada para o samaín, deixamos unhas fotografías das propostas que nos fixo o noso ratiño Mik.

O alumnado de Primaria entrou no noso bosque para xogar con xogos de mesa da temática do Samaín cos que desfrutar aprendendo sobre personaxes propias da nosa cultura. Ademais, son momentos compartidos estupendos nos que o falar, poñerse de acordo, respectarse, compartir...pasan a ocupar un lugar fundamental. 


O alumnado de Infantil, xunto co de 1º de Primaria, fixo unha actividade internivel no espazo de luz negra. Habitado temporalmente por unha meiga do bosque a que houbo que dar acubillo.
Divididos en varios grupos mixtos tiveron que superar diferentes retos: atopar a vasoira da meiga empregando o robot, crear caras de cabazas segundo un modelo, atopar bichos entre bolas pegañentas e ata seguir a receita dunha pócema máxica que, depois de elaborada, aqueles atrevidos podían probar.
Pasárono fenomenal!!


Moitas grazas a Mik e as súas axudantes. agardamos novas propostas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Samaín

Logo de amosarvos a nosa biblioteca preparada para o samaín, deixamos unhas fotografías das propostas que nos fixo o noso ratiño Mik. O alum...