miércoles, 29 de noviembre de 2023

Con todo o cariño do mundo despedimos a un dos nosos autores.

Grazas pola túa aportación no educativo e no literario.

Seguiremos gozando dunha parte de ti a través das túas historias. Esas que ocupan os andeis da nosa biblioteca, esas que nos farán imaxinar, rir e soñar.

Lembramos a túa visita cun soriso e sentímonos tristes de non poder compartir mais.









miércoles, 22 de noviembre de 2023

Biblioteca, lugar de aprendizaxe

O alumnado de 5º de Primaria acudiu á biblioteca como espazo no que levar a cabo unha serie de propostas relacionadas coas operacións combinadas con e sen peréntese con debuxos varios, coa ortografía e cos campos semánticos.

Moitas grazas a Susana e Sara por levar a cabo este tipo de propostas e ao alumnado de 5º por visitarme, sabedes que, aínda que non me vexades, encántame tervos na biblioteca e seguir aprendendo un montón de cousas, porque sempre estou ben atento. Agardo as vosas novas visitas.

Un saudiño de Mik.



martes, 21 de noviembre de 2023

Reapertura

A REAPERTURA da biblioteca coincidiu, como é habitual, na semana do 24 de outubro, día adicado ás Bibliotecas. Foi unha semana con diferentes propostas.

Como non podía ser doutro xeito, pasar pola biblioteca a recoller mochilas viaxeiras, o alumnado de 1º as súas carpetas, recoller os marcadores e.....as entradas de cine e a bolsa cos flocos de millo. Moito nos gustan as sesións de cine en grupo!!!! Desta vez para ver unha película relacionada co tema do noso proxecto: os Xogos Olímpicos e Paralímpicos.

O último día da semana tocou outra das cousas coas que desfrutamos enormemente: disfrazarnos!!! Por suposto, esta vez, dalgún deporte. E, como homenaxe a un dos autores mais destacados no mundo da banda deseñada, transfornarnos en Mortadelo e Filemón.

Grazas a vós familias pola vosa colaboración, así como a todo o profesorado e alumnado pola súa participación. Foi unha reapertura fantásica. 




Olimpiadas e Paraolimpiadas

Moitas grazas familias pola vosa colaboración neste inicio do noso proxecto. Como sempre uns traballos estupendos cos que comezar a nosa andaina.

Quedan aquí fotiños dalgúns deles. Un saudiño do voso amigo Mik.



Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...