domingo, 27 de noviembre de 2022

Parece que xa cheira a Nadal

Esta semana chegamos un día ás aulas e atopamos esta mensaxe do noso Mik nos encerados. 

Xa temos ganas e saber que nos terá preparado. 



Biblioteca, lugar de aprendizaxe

A biblioteca non é soamente un lugar onde ir a ler ou a coller libros, tamén é un espazo no que desenvolver diferentes propostas, pois ela acolle moitos dos recursos que precisamos e ademais respírase un aroma e síntese unha caloriña que convida a enfrontarse aos retos sentíndonos moi a gusto, aspecto que é imprescindible.

Neste caso temos ao alumnado de 2º desfrutando deste lugar para resolver quen sabe cantos interrogantes e desafíos. 





Mineralízate coa lectura

Moitas grazas polos vosos traballos, eses nos que deixades sair a creatividade, a imaxinación, e nos que compartides un tempo en familia para decorar o lema do proxecto de cada curso. Uns traballos que son o punto de partida e que serven para quecer os motores do inicio dunha viaxe que, neste curso, terá como protagonistas as rochas, os minerais, as pedras preciosas... e que nos levará a lugares aínda insospeitados.

Deixo aquí unha escolma. O voso amigo Mik.

miércoles, 16 de noviembre de 2022

Samaín

O cole transformouse para o Samaín e recibiunos con sons estraños e aterradores. Mirade, mirade.


E ademais diso, Mik preparou para nós toda unha serie de propostas: crear unha historia logo de escoitar uns sons e unhas palabras e ordenalas, construir monstros seguindo uns códigos, crear unha pequena historia en banda deseñada, transformarnos en monstros seguindo tamén un código visual. E para os pequenos ademais, maquillaxe e decoración de patas de araña para logo formar a palabra. E todo rematado cun día de disfraces. Pasámolo en grande. 

Moitas grazas a tod@s os que fixéchedes posible esta sensacional xornada.












martes, 15 de noviembre de 2022

Inauguración da biblioteca

 Aquí vos deixo unhas imaxes desa semana de inauguración ao grande. Encántanme eses reencontros, o voso amigo Mik.


domingo, 6 de noviembre de 2022

Xa temos aquí a imaxe deste curso do noso Mik.

Moitísimas grazas como sempre á autora da ilustración.



Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...