miércoles, 25 de mayo de 2022

Aportación sorpresa á biblioteca

O noso profe Toniño fixo unha importante aportación á biblioteca do colexio cun libro e o CD do último traballo do seu grupo. Está recén saído do forno!

Moitas grazas!!

Bicos ratunos!! 




VÍDEO SOBRE A PRIMAVERA

Diferentes cursos do noso colexio investigaron sobre diversas plantas e recitaron poesías relcionadas coa época do ano na que estamos. Seguro que o vídeo que se fixo coas súas gravacións será do voso agrado. 

Bicos ratunos!!



lunes, 23 de mayo de 2022

Florencio Delgado Gurriarán

Na entrada da biblioteca hai uns paneis cunhas preguntas sobre este escritor homenaxeado no 2022, nas Letras Galegas. Debaixo de cada cuestión hai unha folla para anotar  a resposta, que se pode ver no power point que estará en todos os ordenadores das aulas. Seguro que acertades en todo!!



jueves, 19 de mayo de 2022

VISITA DO ESCRITOR DAVID RODRÍGUEZ

Hoxe o alumnado de 1º de Primaria tivo a sorte de contar coa visita deste escritor. Nesta xornada fíxose lectura de conto en grupo, preguntas diversas, e finalmente cantar e bailar a canción do libro. Os nenos e nenas de primeiro quedaron tan agradecidos e contentos que lle regalaron unha planta, unha postal coas súas creacións e para rematar foi invitado a ver o mural sobre as superavoas.

Foi xenial!!








viernes, 6 de mayo de 2022

NOVO ESPAZO

Esta semana o grupo de 4º inaugurou un novo espazo da biblioteca que estará a disposición de todo o alumnado do noso centro. Nestes días calurosos é un gustazo ter esta posibilidade.







Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...