miércoles, 23 de febrero de 2022

Rosalía de Castro

Hoxe 23 de febreiro é o Día de ROSALÍA DE CASTRO. Desde este ano pasa do 24 ao 23. Aquí tedes un repaso pola vida desta gran escritora galega. 

Esta actividade interactiva en Genially serviranos para ir percorrendo a biografía de Rosalía de Castro e da súa familia, desde o seu nacemento o 23 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela, ata o seu falecemento o 15 de xullo de 1885 na Casa da Matanza de Padrón.
 Clica sobre a imaxe de abaixo.

HORA DE LER 5º

Aproveitando que o tempo está bo, o alumnado de 5º fai a hora de ler no patio.

Bicos ratunos!






lunes, 21 de febrero de 2022

XA CHEGA O ENTROIDO

Nenas e nenos, xa está aquí o Entroido. O venres será un día especial, pero para ir quentando, aí tedes o MECO coas ordes diarias. A PASALO FENOMENAL!

BICOS RATUNOS!



GRÚAS DE 5º E 6º

Esta estupenda exposición na parede do ximnasio é o resultado da actividade relizada polo alumnado de 5º e 6º de primaria.




RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DO ALUMNADO DE 3º DE EP

 

Clica sobre as imaxes para visualizar os vídeos












lunes, 14 de febrero de 2022

ACTIVIDADES RELACIONADAS COA TEMÁTICA DAS GRÚAS

Aquí deixo algunha fotografía de diferentes cursos, facendo algunha actividade relacionada coas grúas. Todo o que fixo o alumnado quedou sensacional. Parabéns!!

Bicos ratunos!!








 

 






miércoles, 9 de febrero de 2022

O alumnado de 3º comparte con toda a comunidade educativa un poema de Inmaculada Díaz.

Bicos ratunos!



sábado, 5 de febrero de 2022

VIAXE HARRY POTTER

O alumnado de terceiro de primaria viviu unha gran experiencia relacionada co mundo máxico de Harry Potter, que como todos e todas sabedes é o protagonista dunha serie de novelas fantásticas escritas pola autora británica J. K. Rowling.



Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...