martes, 21 de noviembre de 2023

Reapertura

A REAPERTURA da biblioteca coincidiu, como é habitual, na semana do 24 de outubro, día adicado ás Bibliotecas. Foi unha semana con diferentes propostas.

Como non podía ser doutro xeito, pasar pola biblioteca a recoller mochilas viaxeiras, o alumnado de 1º as súas carpetas, recoller os marcadores e.....as entradas de cine e a bolsa cos flocos de millo. Moito nos gustan as sesións de cine en grupo!!!! Desta vez para ver unha película relacionada co tema do noso proxecto: os Xogos Olímpicos e Paralímpicos.

O último día da semana tocou outra das cousas coas que desfrutamos enormemente: disfrazarnos!!! Por suposto, esta vez, dalgún deporte. E, como homenaxe a un dos autores mais destacados no mundo da banda deseñada, transfornarnos en Mortadelo e Filemón.

Grazas a vós familias pola vosa colaboración, así como a todo o profesorado e alumnado pola súa participación. Foi unha reapertura fantásica. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas. Foi estupendo poder descubrir de ...