martes, 5 de marzo de 2024

A Paz

A conmemoración do Día da Paz trouxo para nós información sobre as inxustizas e desigualdades que estiveron presentes no deporte e nos Xogos Olímpicos en diferentes momentos da historia. Información que serviu para establcer círculos de diálogo sobre as memas, onde poder intercambiar puntos de vista, sacar conclusións, reflexionar colectivamente... 

Alguns deses deportistas foron Kathrine Switze ou Jesse Owens.

Deixamos aquí o resultado dalgunhas desas reflexións, coas que tamén nos enfrontamos a falar diante dunha cámara.




No caso de Infantil tamén reflexionamos ante imaxes de deportistas de diferente procedencia e xénero, para chegar á conclusión de que cada quen pode practica o deporte que mais lle guste. Logo colocamos as bandeiras dos seus países nun mapa do mundo para comprobar que deportistas de países de todo o mundo compiten nos Xogos Olímpicos. Persoas de lugares moi lonxanos compartindo unha das cousas que mais lles gusta, practicar un deporte.


  











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Samaín

O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca ...