miércoles, 15 de mayo de 2024

Correspondencia dende París

 Pois resulta que chegou unha carta para cada unha das aulas dende París, sede dos Xogos Olímpicos e Pralímpicos. 

Ao abrilas descubrimos que gardaban unha postal dun amigo do noso Mik, outro ratiño ao que neste caso o que mais lle gusta é a cociña. O mesmísimo Ratatouille. Custounos un pouco comprender o que nos contaba porque, obviamente, a postal estaba escrita en francés e é un idioma que non dominamos. Menos mal que polo centro hai algunha mestra que si sabe e nos axudou. 

Foi unha sorpresa moi grata, así que moitas grazas a Ratouille e a Mik, que seguro que foi quen o informou de que andamos a investigar sobre os Xogos Olímpicos e Paralímpicos.

E moitas grazas a esa man que hai detras desa postal 😉









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Obradoiros

As axudantes de biblioteca de 6º prepararon para o alumnado de 5 anos un obradoiro a partir do conto Simón corazón de camaleón . O obradoiro...