jueves, 4 de mayo de 2023

Autor@s

O 19 de abril visitounos a escritora Andrea Maceiras para falarnos do seu libro Alma de elefante. Foi un tempo compartido estupendo no que desfrutamos da súa doce voz e dunha presentación moi atractiva. 

É sempre un luxo gozar desta oportunidade de conversar cos autores dos libros traballados en aula, nun ambiente próximo e cálido, comprendendo moito mellor o seu traballo e empapándonos da súas paixón polo que fan.

Moitas grazas por compartir parte do teu tempo con nós.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recomendacións

O verán é un tempo longo no que desfrutar e vivir aventuras e, como xa sabedes, os libros e contos gardan moitas. É por iso que vos deixo un...