domingo, 26 de junio de 2022

Visita do escritor Milguel López "Hematocrítico"

Hoxe tocou a visita de Miguel López para o alumnado de Infantil. Viu para falarnos de dous dos seus libros: O meu irmono e Un can. A visita chega logo de ter traballado estes dous libros e ter desfrutado moito das súas historias. O meu irmono levounos a pescudar sobre as súas familias e os parecidos, ou non, que gardan os seus membros. Un can deu lugar a diferentes xogos, a un dos cales animamos a xogar ao autor na súa visita.

Moitas grazas a Miguel López por vir compartir un tempo con nós e a aquelas persoas que o fixeron posible, desfrutamos moito.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recomendacións

O verán é un tempo longo no que desfrutar e vivir aventuras e, como xa sabedes, os libros e contos gardan moitas. É por iso que vos deixo un...