Xa vos contamos cal foi a nosa banda sonora para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia. Pois con ela como base e inspiración o noso amigo Mik fixo para nós unhas propostas. A primeira e despois de escoitar a canción consistiu en reflexionar e establecer un coloquio sobre aspectos como: a cantidade de cousas que temos, a necesidade das mesmas, os beneficios de compartilas, ect. Logo de reflexionar houbo que cubrir un pequeno "cuestionario" a partir do cal xurdiron imaxes e palabras que, o noso alumnado especialista en lettering, escribiu para todos. Con todo isto, imaxes e palabras, decoramos a entrada do centro e da biblioteca, para que cada día ao chegar puidésmos lembrar esas reflexións que fixemos en conxunto.
jueves, 9 de febrero de 2023
A Paz
A segunda proposta foi aprender a canción para logo facer, ca nosa interpretación, un video da mesma ("Quiero para mi" de Canticuenticos). Pero.... a cousa non ía a quedar así e, tomando como inspiración o vídeo da canción orixinal, Mik animounos a vir disfrazad@s de algo relacionado ca temática do circo, un lugar onde cada quen pon en marcha as súas habilidades para dar forma a un espectáculo conxunto onde tod@s e cada un teñen a mesma importancia.
Deixamos aquí o resultado.
Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e entusiasmo, a vós familias por estar sempre dispostas a colaborar e a Laura por axudarnos con ensaios.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Obradoiros
As axudantes de biblioteca de 6º prepararon para o alumnado de 5 anos un obradoiro a partir do conto Simón corazón de camaleón . O obradoiro...
-
Para conmemorar o Día das Letras Galegas e á homenaxeada deste ano: María Luisa Villalta, Mik preparou para nós unha serie de propostas que ...
-
O día 8 de marzo conmemórase o Día da Muller e, aínda que todavía falta, o noso amiguiño xa andivo a darlle á cabeza e a facernos proposta...
-
En Infantil a Lingua de Signos está presente no noso día a día, pois considerámola como un elemento enriquecedor, ademais de que a súa prese...
No hay comentarios:
Publicar un comentario