sábado, 17 de junio de 2023

Letras Galegas

Polas Letras Galegas, o noso amigo Mik colocou na entrada da biblioteca información sobre o autor homenaxeado: Francisco Fernández del Riego. Información que acompañou cunha proposta na que tivemos que seguir un mapa para ir resolvendo diferentes probas en distintos lugares do noso centro. Cada lugar estaba conectado con algún da nosa cidade que gardaba estreita relación con Francisco Fernández del Riego.

Quedan aquí unhas fotos dos diferentes lugares e probas que, por suposto, pasamos traballando en equipo.

Como elemento final do percorrido tivemos que colocar unha peza dun quebracabezas que rematou desvelando unha caricatura do autor.

Grazas a tod@s os colaboradores de Mik por facer posible esta actividade e tamén a vós, rapazada, polo voso interese e entusiasmo.



Primeira parada, toca pescar.

                                                

Segunda parada, creación de frases a partir de títulos das súas obras.




Terceira parada, crucigrama.




Cuarta parada, barcos de papel con papiroflexia.




Quinta parada, caligrama.






No caso de Infantil, algunhas das actividades foron modificadas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Samaín

O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca ...