domingo, 17 de abril de 2022

8 DE MARZO

Para celebrar o 8 de marzo, DÍA DA MULlER, o noso Mik trouxo para nós o libro: Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. 100 mujeres migrantes que cambiaron al mundo. E deste libro fixo para nós unha pequena selección daquelas cuxas accións están relacionadas co noso proxecto deste curso. Foi este o punto de partida dunha investigación sobre estas mulleres e as súas vidas, sobre de onde partiron e a onde chegaron e, sobre todo, daquelas accións coas que cambiaron o mundo. Algunhas aínda seguen coa súa tarefa de melloralo e nós seguiremos a súa traxectoria.

Con toda esta información fomos compoñendo uns paneis adicados a cada unha, de xeito que puidésemos comparir a información cos demais compañeir@s.

Deixamos aquí unha pequena mostra deste traballo de investigación, ao que cada un se achegou dende as súas posibilidades e para o que empregaron diferentes recursos.

Grazas pola vosa participación.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recomendacións

O verán é un tempo longo no que desfrutar e vivir aventuras e, como xa sabedes, os libros e contos gardan moitas. É por iso que vos deixo un...