sábado, 30 de abril de 2022

VISITA ANTONIO M. FRAGA

Onte estivo no colexio co alumnado de 4º de Primaria, o autor de "Papá Caníbal", o escritor de Pontedeume, Antonio M. Fraga, para contarnos cousas moi interesantes sobre o seu libro que tanto gustou.












jueves, 28 de abril de 2022

VISITA ANDREA MACEIRAS

Este 28 de abril o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo o pracer de contar recente gañadora do premio Anaya de literatura infantil e xuvenil, a escritora coruñesa Andrea Maceiras. 














lunes, 25 de abril de 2022

VISITA IRENE ALONSO GASALLA

Hoxe o alumnado de 2º de Primaria contou coa presenza da escritora pontevedresa Irene Alonso Gasalla, autora do libro "As cicatrices do caranguexo". Moitas grazas pola túa visita!!





 







lunes, 18 de abril de 2022

PECHADO POR REFORMAS

Andamos en reformas que de seguro mellorarán a nosa biblioteca, aportando comodidade e un espazo amable ao que sempre desexemos regresar.

Non imos a adiantar moito, simplemente unhas imaxes do proceso. Moitas grazas ao equipo directivo e ás familias pola súa axuda e colaboración.






domingo, 17 de abril de 2022

LIBROS QUE NOS AXUDAN A REFLEXIONAR COMO ADULTOS

 



RETO DE PRIMAVERA

A primavera chegou e un novo reto con ela. Mik deixou en cada aula unha flor das que crecen na escola e na contorna mais próxima xunto cunha nota con dous retos. O primeiro investigar sobre a flor e anotar esa información nunhas follas de caderno de campo, co fin de unilas despois e ir creando un caderno propio. O segund,o desfrutar do poema que acompañaba á flor e aprendelo para logo gravar o seu recitado coa tablet da biblioteca.

Por último e a modo de agasallo, unhas cancións, algunhas de artistas de Galicia e outras dunha artista portuguesa, o noso país veciño co que temos tantas semellanzas; así coma unha curtametraxe.





Aquí quedan as cancións e a curta por se queredes volver a escoitalas ou escoitar as dos demais cursos.









8 DE MARZO

Para celebrar o 8 de marzo, DÍA DA MULlER, o noso Mik trouxo para nós o libro: Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. 100 mujeres migrantes que cambiaron al mundo. E deste libro fixo para nós unha pequena selección daquelas cuxas accións están relacionadas co noso proxecto deste curso. Foi este o punto de partida dunha investigación sobre estas mulleres e as súas vidas, sobre de onde partiron e a onde chegaron e, sobre todo, daquelas accións coas que cambiaron o mundo. Algunhas aínda seguen coa súa tarefa de melloralo e nós seguiremos a súa traxectoria.

Con toda esta información fomos compoñendo uns paneis adicados a cada unha, de xeito que puidésemos comparir a información cos demais compañeir@s.

Deixamos aquí unha pequena mostra deste traballo de investigación, ao que cada un se achegou dende as súas posibilidades e para o que empregaron diferentes recursos.

Grazas pola vosa participación.















Samaín

O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca ...