lunes, 8 de julio de 2024

Historias contadas

Como as historias é un pracer lelas pero tamén escoitalas, deixamos aquí unhas creadas e contadas polo alumnado de 5º de Primaria, resultado da proposta de aula de escrita creativa.

Como podedes ver, temos moitos talentos en relación á escrita. Todo un mundo no que moitísimas habilidades teñen o seu lugar e a súa importancia: crear as historias, escribilas, contalas,  ilustralas... Un mundo do que tod@s podemos participar.

Moitas grazas a estes creadores e contadores. Seguiremos procurando que teñades tempos e espazos para desenvolver, mellorar e experimentar estas habilidades e moitas mais.


                                     

                                          Capítulo 1 Clicade na imaxe                                                                        Capítulo 2 Clicade na imaxe



Clicade na imaxe


Clicade na imaxe






miércoles, 3 de julio de 2024

Recomendacións lectoras

Despois desas estupendas recomendacións do alumnado de 5º de primaria deixamos algunhas mais de parte de Mik. Feliz verán



Recomedacións lectoras

O alumnado de 5º de primaria, coñecedor do tempo libre que temos por diante e da maxia da lectura, trae para nós unhas recomendacións sobre lecturas que foron do seu gusto e queren compartir cos demais. Moitísimas grazas por facernos partícipes dese interese pola lectura e eses títulos que son e foron do voso agrado.



Contos con LSE

O alumnado de Infantil tivemos a sorte de poder desfrutar de outra sesión de conta-contos con LSE. Esta vez foi Aránzazu (Zazu) a que nos agasallou co seu tempo e con historias contadas co apoio da lingua de signos. Ademais de ser intérprete, sabe moito disto de unir contos con LSE e pequerrechos, pois a través de AZ lingua de signos traballa no achegamento desta lingua aos mais pequenos.

Moitísmas grazas, pola súa aportación desinteresada ao noso alumnado, e ás mestras. Unha aperta grande. 






lunes, 1 de julio de 2024

Xogos Olímpicos e Paralímpicos

O traballo de investigación deste curso levou a moitos descubrimentos e aprendizaxes, que o alumnado de 4º tivo o pracer de compartir cos demais compañeir@s do centro, poñendo así moitas outras habilidades en marcha. De gran importancia é saber comunicar pero tamén aprender a escoitar. 

Moitísimas grazas.






Letras Galegas 17 de maio

Para conmemorar o Día das Letras Galegas e á homenaxeada deste ano: María Luisa Villalta, Mik preparou para nós unha serie de propostas que nos fixeron visitar diferentes estancias do cole. 

Primeiro, e como xa nos ten acostumados, colocou información sobre a biografía da autora nos paneis da entrada da biblio para que fosemos familiarizándonos con ela e a súa vida. Foi unha autora multidisciplinar na que non soamente a escrita formaba parte da súa vida, senon que a música ocupuo tamén un lugar importante. Así pois, as propostas tiñan que ser tamén variadas. A música estivo presente nun bingo musical, a escrita a través dos caligramas e a súa poesía conectada coas artes plásticas. Foi así que o percorrido polos distintos lugares do centro nos permitiron por en marcha diferentes habilidades.

Grazas Mik. 



Samaín

O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca ...