Como as historias é un pracer lelas pero tamén escoitalas, deixamos aquí unhas creadas e contadas polo alumnado de 5º de Primaria, resultado da proposta de aula de escrita creativa.
Como podedes ver, temos moitos talentos en relación á escrita. Todo un mundo no que moitísimas habilidades teñen o seu lugar e a súa importancia: crear as historias, escribilas, contalas, ilustralas... Un mundo do que tod@s podemos participar.
Moitas grazas a estes creadores e contadores. Seguiremos procurando que teñades tempos e espazos para desenvolver, mellorar e experimentar estas habilidades e moitas mais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario