Como non fixemos a nosa actividade de madriñas e Padriños lectores. Como xa saberedes, o alumnado dos cursos superiores amadriña ou apadriña aos compañeir@s mais pequenos e, logo duns encontros previos e unha escolla de contos que fai o propio alumnado, chega o momento mais esperado, a lectura colectiva de eses contos aos amadriñados e apadriñados.
Foi un día estupendo para estar ao aire libre, coa música e os sons dos paxaros de fondo, compartindo o gusto por ler e escoitar contos e historias, por acompañar e sentirnos acompañad@s, por compartir.