miércoles, 29 de junio de 2022
domingo, 26 de junio de 2022
Visita do escritor Milguel López "Hematocrítico"
Hoxe tocou a visita de Miguel López para o alumnado de Infantil. Viu para falarnos de dous dos seus libros: O meu irmono e Un can. A visita chega logo de ter traballado estes dous libros e ter desfrutado moito das súas historias. O meu irmono levounos a pescudar sobre as súas familias e os parecidos, ou non, que gardan os seus membros. Un can deu lugar a diferentes xogos, a un dos cales animamos a xogar ao autor na súa visita.
Moitas grazas a Miguel López por vir compartir un tempo con nós e a aquelas persoas que o fixeron posible, desfrutamos moito.
viernes, 24 de junio de 2022
A BOLBORETA ARLEQUÍN
Aquí tedes o vídeo da investigación realizada polo alumnado de 1º de Primaria sobre esta bolboreta en perigo de extinción. Clicade sobre a imaxe.
Bicos ratunos!!!
miércoles, 8 de junio de 2022
Investigación de primavera
domingo, 5 de junio de 2022
Obradoiros
As axudantes de biblioteca de 6º prepararon para o alumnado de 5 anos un obradoiro a partir do conto Simón corazón de camaleón . O obradoiro...
-
Para conmemorar o Día das Letras Galegas e á homenaxeada deste ano: María Luisa Villalta, Mik preparou para nós unha serie de propostas que ...
-
O día 8 de marzo conmemórase o Día da Muller e, aínda que todavía falta, o noso amiguiño xa andivo a darlle á cabeza e a facernos proposta...
-
En Infantil a Lingua de Signos está presente no noso día a día, pois considerámola como un elemento enriquecedor, ademais de que a súa prese...