jueves, 27 de enero de 2022

AS GRÚAS. DÍA DA PAZ

Sabiades que regalar grúas de papel asociouse co feito de desexar saúde, benestar, felicidade e prosperidade?

Pronto será o DÍA DA PAZ

As grúas de Origami ou papiroflexia son moi coñecidas en Xapón e o seu símbolo máis característico é para dar sorte e traer PAZ á túa vida.

Con todo, esta costume fíxose popular despois da segunda Guerra Mundial, pola historia de SADAKO SASAKI, unha nena que enfermou como consecuencia da bomba atómica que EEUU lanzou sobre Hiroshima causando moito dano á súa poboación.

Sadako escoitara a lenda que 1000 grúas de papel, que dicía que, se unha persoa logra facer 1000 grúas de papel en origami, conseguiría unha longa vida ou recuperarse dunha enfermidade.

Así que se puxo mans á obra! Estátua de Sadako Sasaki no Memorial da Paz das Criancas em Hiroshima  (Foto: AsianWiki) - Mundo-Nipo

Anos despois levantouse un monumento de Sadako, no Parque da Paz de Hiroshima, sostendo sobre a súa cabeza unha gran grúa de origami. Cada ano a xente deixa miles de grúas de papel como unha mensaxe de paz e esperanza para o mundo.

Pincha sobre a imaxe e poderás ver o vídeo sobre Sadako Sasaki.

Tedes tamén outro interesante vídeo relacionado coas grúas que é a historia de Yoshitaka Ito, o home que alimentou ás grúas de coroa vermella cando estaban a piques de extinguirse en Xapón (clica aquí enriba  para ver o vídeo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Samaín

O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca ...