Bicos ratunos!
lunes, 31 de enero de 2022
Como facer unha grúa de papel (Origami - Papiroflexia)
jueves, 27 de enero de 2022
AS GRÚAS. DÍA DA PAZ
Sabiades que regalar grúas de papel asociouse co feito de desexar saúde, benestar, felicidade e prosperidade?
Pronto será o DÍA DA PAZ
As grúas de Origami ou papiroflexia son moi coñecidas en Xapón e o seu símbolo máis característico é para dar sorte e traer PAZ á túa vida.
Con todo, esta costume fíxose popular despois da segunda Guerra Mundial, pola historia de SADAKO SASAKI, unha nena que enfermou como consecuencia da bomba atómica que EEUU lanzou sobre Hiroshima causando moito dano á súa poboación.
Sadako escoitara a lenda que 1000 grúas de papel, que dicía que, se unha persoa logra facer 1000 grúas de papel en origami, conseguiría unha longa vida ou recuperarse dunha enfermidade.
Anos despois levantouse un monumento de Sadako, no Parque da Paz de Hiroshima, sostendo sobre a súa cabeza unha gran grúa de origami. Cada ano a xente deixa miles de grúas de papel como unha mensaxe de paz e esperanza para o mundo.
Pincha sobre a imaxe e poderás ver o vídeo sobre Sadako Sasaki.
Tedes tamén outro interesante vídeo relacionado coas grúas que é a historia de Yoshitaka Ito, o home que alimentou ás grúas de coroa vermella cando estaban a piques de extinguirse en Xapón (clica aquí enriba para ver o vídeo)
miércoles, 19 de enero de 2022
CONFERENCIAS 4º
domingo, 2 de enero de 2022
Recomendacións de Nadal
Estas son as recomendacións para este Nadal que fixo o noso amiguiño Mik.
Bo Nadal e bicos ratunos da súa parte.
8 de marzo
Lembrades a Luísa Capetillo e a Arminda dos pantalóns? Pois con elas como inspiración, o noso Mik deixou na aula para actividades plásticas ...
-
Para conmemorar o Día das Letras Galegas e á homenaxeada deste ano: María Luisa Villalta, Mik preparou para nós unha serie de propostas que ...
-
O día 8 de marzo conmemórase o Día da Muller e, aínda que todavía falta, o noso amiguiño xa andivo a darlle á cabeza e a facernos proposta...
-
En Infantil a Lingua de Signos está presente no noso día a día, pois considerámola como un elemento enriquecedor, ademais de que a súa prese...