Esta semana chegamos un día ás aulas e atopamos esta mensaxe do noso Mik nos encerados.
Xa temos ganas e saber que nos terá preparado.
Esta semana chegamos un día ás aulas e atopamos esta mensaxe do noso Mik nos encerados.
Xa temos ganas e saber que nos terá preparado.
A biblioteca non é soamente un lugar onde ir a ler ou a coller libros, tamén é un espazo no que desenvolver diferentes propostas, pois ela acolle moitos dos recursos que precisamos e ademais respírase un aroma e síntese unha caloriña que convida a enfrontarse aos retos sentíndonos moi a gusto, aspecto que é imprescindible.
Neste caso temos ao alumnado de 2º desfrutando deste lugar para resolver quen sabe cantos interrogantes e desafíos.
Moitas grazas polos vosos traballos, eses nos que deixades sair a creatividade, a imaxinación, e nos que compartides un tempo en familia para decorar o lema do proxecto de cada curso. Uns traballos que son o punto de partida e que serven para quecer os motores do inicio dunha viaxe que, neste curso, terá como protagonistas as rochas, os minerais, as pedras preciosas... e que nos levará a lugares aínda insospeitados.
Deixo aquí unha escolma. O voso amigo Mik.
O cole transformouse para o Samaín e recibiunos con sons estraños e aterradores. Mirade, mirade.
Aquí vos deixo unhas imaxes desa semana de inauguración ao grande. Encántanme eses reencontros, o voso amigo Mik.
O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca ...