Temos unha mostra dalgunhas árbores de Nadal feitas polo alumnado do centro, tendo en conta as instruccións do calendario de Advento e o material que proporcionou a biblioteca.
Quedaron de marabilla!
Parabéns artistas!
Temos unha mostra dalgunhas árbores de Nadal feitas polo alumnado do centro, tendo en conta as instruccións do calendario de Advento e o material que proporcionou a biblioteca.
Quedaron de marabilla!
Parabéns artistas!
O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, conmemorando o día en que, en 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Ao longo desta semana as distintas aulas van pasando pola biblioteca onde está o libro "Los intrusos". Unha fábula sobre a migración entre continentes con dous finais que invitan a reflexionar e a poñerse na pel dos demais.
Clica sobre a portada para ver un pequeno vídeo.
Xa que estamos no mes de Nadal.
Desde a biblioteca preparamos este Calendario de Advento, no que cada día hai unha proposta diferente como receitas de cociña, curiosidades, cantigas, pezas de crebacabezas...
Cada día unha sorpresa!!! A por elas!!!
Aquí están gran parte dos fenomenais e preciosos traballos realizados polo noso alumnado en colaboración coas familias.
Bicos ratunos!
Que tal rapaces e rapazas? Aquí tedes o resultado final do mural sobre o cabaliño de mar, realizado por todo o alumnado do centro. Trátase dun animal, que como sabedes é algo curioso, xa que é o macho o que expulsa as crías ao exterior despois de incubar os ovos. Clicando na imaxe podedes acceder a un interesante vídeo sobre este tipo de peixe.
Bicos ratunos.
O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca ...