miércoles, 15 de mayo de 2024

Correspondencia dende París

 Pois resulta que chegou unha carta para cada unha das aulas dende París, sede dos Xogos Olímpicos e Pralímpicos. 

Ao abrilas descubrimos que gardaban unha postal dun amigo do noso Mik, outro ratiño ao que neste caso o que mais lle gusta é a cociña. O mesmísimo Ratatouille. Custounos un pouco comprender o que nos contaba porque, obviamente, a postal estaba escrita en francés e é un idioma que non dominamos. Menos mal que polo centro hai algunha mestra que si sabe e nos axudou. 

Foi unha sorpresa moi grata, así que moitas grazas a Ratouille e a Mik, que seguro que foi quen o informou de que andamos a investigar sobre os Xogos Olímpicos e Paralímpicos.

E moitas grazas a esa man que hai detras desa postal 😉









miércoles, 8 de mayo de 2024

Autor@s

Tamén en Infantil tivemos o pracer de contar co autor do libro escollido este curso: Violeta as agachadas.

Foi estupendo poder descubrir de onde xorde a inspiración para esas historias que saen do maxin de Ramón Veiga e que enchen os andeis da nosa biblioteca. Así como ese lugar onde esas ideas pasan a outro soporte, un soporte no que poder seguir traballando sobre a historia e poder compartir e desfrutar con outras persoas. Un soporte que será o paso previo a ese que logo nós podemos ter nas nosas mans.

Moitas grazas e ata outra ocasión.







Autor@s

Esta vez a esperada visita foi para o alumnado de 3º de Primaria. 

Moitísimas grazas a Anxo Iglesias polo tempo compartido con nós e tamén por ese saúdo aos lectores que ten noutros cursos e que agradeceron enormemente poder compartir con el un momentiño.

Agardamos outra visita moi pronto.








Samaín

O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca ...