viernes, 27 de febrero de 2026

Obrradoiros

Un obradoiro artístico, no que transformar algo cotiá coma un vaso de papel en algo diferente. Calquera personaxe co que crear historas.
Grazas, coma sempre. 





Día da Paz

Para conmemorar o día da Paz, Mik fíxonos unhas propostas relacionadas coa comunicación entre as árbores. Foi así como descubrimos a Suzanne Simard e as súas investigacións, como soubemos que as árbores, por medio das raíces dos fungos, se transmiten información e nutrientes; da importancia das chamadas árbores nai, da necesidade da convivencia de árbores de diferente tipo... E así reflexionamos sobre a nosa sociedade, a importancia das persoas que van acumulando saberes, da necesidade dunha sociedade diversa, de diferentes formas de comunicarse, como o silbo da Gomera, sinais de fume, as campás... E como despois de escoitar á neurocientífica Nazareth Castellanos nos deixamos levar pola música entendendo que o corpo aporta moita información cando falamos de comunicación.

Foron xornadas de reflexión, intercambio de opinións, novas informacións e descubrimentos, convivencia e moito mais. 

Moitas grazas a quen nos acompañou e conduciu nestas propostas.


 
 

viernes, 20 de febrero de 2026

Obradoiros

E como a biblioteca é un lugar cheo de libros e historias, esta vez foi lugar de contacontos. Conacontos especiais, pois foron as axudantes as encargadas de relatar as historias que, nos libros que elas mesmas seleccionaron, aparecían. Son un pracer estos momentos, tanto para as contadoras e contadores como para aqueles que deciden abrir a súa imaxinación ás historias contadas. 

Ler por nós mesmos é estupendo, pero tamén é un gusto poder escoitar.

Moitas grazas por esta proposta, a caras son testemuña do éxito da mesma. 






martes, 3 de febrero de 2026

Obradoiros

Un dos últimos obradoiros do mes de xaneiro foi facer flores empregando as pegadas das nosas mans. Moitas grazas axudantes!!!







martes, 13 de enero de 2026

Obradoiros

 E no primeiro obradoiro deste 2026 a proposta foi crear marcos de fotografías. 







Nadal

 Ademais do "Calendario de adviento" coa súa información, as lendas, curiosidades e retos, Mik plantexounos dúas propostas. Unha, a de crear unha historia en pequenos grupos na que incluir certos elementos en función dunhas imaxes dadas. Iso si, a cousa se complicaba en certos cursos, nos que nalgún caso non se podía empregar o nome do que a imaxe representaba. Entraron en xogo os sinónimos e as descricións. A outra tamén de crear, pero xa no ámbito artístico. Como materias, elementos naturais e do bosque. Algúns traballaron en grupos mais grandes, outros en mais pequenos ou de forma individual, pero a imaxinación e a capacidade creativa estivo moi presente. 

Foi así como traballamos en grupo, desenrolamos as habilidades comunicativas e artísticas, a paciencia, o respecto, a capacidade de escoita, como nos enfrontamos a retos...

Moitas grazas MIK.


 

viernes, 9 de enero de 2026

Obradoiros

 Deixamos algunhas imaxes do último obradoiro levado a cabo antes das vacacións. 

Graciñas coma sempre aos organizadores. 








miércoles, 17 de diciembre de 2025

Recomedacións

Quedan aquí as recomendacións que o noso amigo Mik nos fai para estas datas.

Son días estupendos para compartir lecturas e viaxar a través das historias. Días de agasallos nos que un libro é sempre unha das mellores opcións. 



martes, 2 de diciembre de 2025

Obradoiros

Xa comezaron os obradoiros organizados polos axudantes de sexto no tempo de lecer. Para comezar, a súa proposta foi a elaboracón duns manteis co noso Mik de protagonista. 

Moitas grazas aos axudantes pola súa ilusión e organización nestes obradoiros.







O bosque en outono

O bosque ofrécenos un montón de cousas fermosas e en moitas ocasións tamén ben ricas. Algunhas están presentes durante todo o ano, como a calma, os sons, a beleza das pequenas cousas... Outras son mais temporais. E foi sobre unha destas sobre a que Mik nos fixo unha proposta de investigación. Tocou pescudar sobre os cogomelos. Para iso preparou un espazo cuns libros da biblioteca sobre o tema, deixou a tablet a man para posibles consultas e unha pequena ficha cunhas preguntas fundamentais.

Con todo isto puxémonos mans á obra. 






viernes, 28 de noviembre de 2025

Calendario de adviento

 Chega decembro e como ben sendo habitual o noso amiguiño Mik e, neste caso, as súas axudantes fadas do bosque prepararon para nós un "Calendario de adviento". Así que dende o día 1 toca achegarse á biblioteca para descubrir que gardará a nosa casiña do bosque do día. Serán lendas?; información sobre bosques de Galicia?; pezas de quebracabezas ou unha receita?. Quen sabe, parte da experiencia é o misterio que acompaña ao contido de cada xornada. 







viernes, 21 de noviembre de 2025

Samaín

Logo de amosarvos a nosa biblioteca preparada para o samaín, deixamos unhas fotografías das propostas que nos fixo o noso ratiño Mik.

O alumnado de Primaria entrou no noso bosque para xogar con xogos de mesa da temática do Samaín cos que desfrutar aprendendo sobre personaxes propias da nosa cultura. Ademais, son momentos compartidos estupendos nos que o falar, poñerse de acordo, respectarse, compartir...pasan a ocupar un lugar fundamental. 


O alumnado de Infantil, xunto co de 1º de Primaria, fixo unha actividade internivel no espazo de luz negra. Habitado temporalmente por unha meiga do bosque a que houbo que dar acubillo.
Divididos en varios grupos mixtos tiveron que superar diferentes retos: atopar a vasoira da meiga empregando o robot, crear caras de cabazas segundo un modelo, atopar bichos entre bolas pegañentas e ata seguir a receita dunha pócema máxica que, depois de elaborada, aqueles atrevidos podían probar.
Pasárono fenomenal!!


Moitas grazas a Mik e as súas axudantes. agardamos novas propostas.




martes, 11 de noviembre de 2025

Samaín

Coa chegada do Samaín a nosa Biblioteca contaxiose do espírito desta celebración grazas á colaboración deses seres máxicos que temos a sorte de estar sempre dispostos a colaborar. 

Foi neste espazo no que ao longo de varios días o alumnado de primaria puido gozar de diferentes xogos de mesa con temática acorde ao momento, no que coñecer e descubrir diferentes personaxes da nora terra. 











 

Día do Libro

Como o noso rato non da puntada sen fío, resulta que a correspondencia gardaba relación coa súa proposta para conmemorar o Día do Libro. Pre...