viernes, 28 de noviembre de 2025

Calendario de adviento

 Chega decembro e como ben sendo habitual o noso amiguiño Mik e, neste caso, as súas axudantes fadas do bosque prepararon para nós un "Calendario de adviento". Así que dende o día 1 toca achegarse á biblioteca para descubrir que gardará a nosa casiña do bosque do día. Serán lendas?; información sobre bosques de Galicia?; pezas de quebracabezas ou unha receita?. Quen sabe, parte da experiencia é o misterio que acompaña ao contido de cada xornada. 







viernes, 21 de noviembre de 2025

Samaín

Logo de amosarvos a nosa biblioteca preparada para o samaín, deixamos unhas fotografías das propostas que nos fixo o noso ratiño Mik.

O alumnado de Primaria entrou no noso bosque para xogar con xogos de mesa da temática do Samaín cos que desfrutar aprendendo sobre personaxes propias da nosa cultura. Ademais, son momentos compartidos estupendos nos que o falar, poñerse de acordo, respectarse, compartir...pasan a ocupar un lugar fundamental. 


O alumnado de Infantil, xunto co de 1º de Primaria, fixo unha actividade internivel no espazo de luz negra. Habitado temporalmente por unha meiga do bosque a que houbo que dar acubillo.
Divididos en varios grupos mixtos tiveron que superar diferentes retos: atopar a vasoira da meiga empregando o robot, crear caras de cabazas segundo un modelo, atopar bichos entre bolas pegañentas e ata seguir a receita dunha pócema máxica que, depois de elaborada, aqueles atrevidos podían probar.
Pasárono fenomenal!!


Moitas grazas a Mik e as súas axudantes. agardamos novas propostas.




martes, 11 de noviembre de 2025

Samaín

Coa chegada do Samaín a nosa Biblioteca contaxiose do espírito desta celebración grazas á colaboración deses seres máxicos que temos a sorte de estar sempre dispostos a colaborar. 

Foi neste espazo no que ao longo de varios días o alumnado de primaria puido gozar de diferentes xogos de mesa con temática acorde ao momento, no que coñecer e descubrir diferentes personaxes da nora terra. 











 

Biblioteca, lugar de aprendizaxe

Tantas ganas tiña o noso alumnado de 1º de achegarse á biblioteca nesta nova etapa que comezan, que tan pronto puideron viñeron na procura de información, sabedores de que é este o mellor lugar do centro para iso. 

Benvid@s!!!! 








Reapertura

 Chegou o momento da reapertura da Biblioteca e desta vez Mik, como sabe do noso pracer polo cine, fíxonos a proposta de ir á biblioteca a ver unhas películas sobre o bosque e eses seres que o protexen e loitan por gardar o tan necesario equilibrio. Ademias, e saberdor do ben que o pasamos cando nos transformamos noutro ser, propuxo vir disfrazados deses seres que habitan o bosque e se ocupan da súa protección. 

Foi así como comezou a nosa andaina polas propostas e aventuras que dende a biblioteca nos fai Mik. Xa coa motivación no mais alto nivel, coas mochilas viaxeiras, as carpetas e carnés...



miércoles, 22 de octubre de 2025

Benvid@s

A xa chegou un novo curso. Esperamos que veñades con ganas porque o noso amiguiño Mik xa tiña moitas de vervos por aquí, de escoitar as vosas lecturas, as conversas e de facervos un montón de propostas.

Como xa sabe que esta vez as investigacións, pescudas, actividades... van a ter ao bosque como tema central decidiu transformar a nosa biblioteca nun espazo máxico que serva para motivarvos, espertar a vosa imaxinación e creatividade, a vosa capacidade de asombro e faga que teñades moitas ganas de vir a enredar con infinitas posibilidades.

Moitas grazas ás súas axudantes e, sobre todo, a unha fadiña chamada Saleta por traer a súa maxia.

Comezamos!!!!!











 

miércoles, 18 de junio de 2025

Recomendacións

O verán é un tempo longo no que desfrutar e vivir aventuras e, como xa sabedes, os libros e contos gardan moitas. É por iso que vos deixo unhas recomendacións que agardo sexan do voso agrado.

Moitas grazas pola vosa participación en todas as propostas e polas vosas iniciativas. Pronto nos vemos con novos retos e aventuras.

Bo verán!!!! Mik



martes, 17 de junio de 2025

Instrumentos musicais

As Letras Galegas deste ano adicáronse ás cantareiras e a todas esas mulleres que fixeron chegar ata nós un patrimonio inmaterial moi importante. 

Sendo fundamenal coñecer o noso pasado e a nosa cultura, en Infantil fomos á biblioteca descubrir algúns dos instrumentos tradicionais. Moitos deles obxectos cotiás empregados para crear os ritmos que acompañaban ás voces. Porque por suposto que se tocaba e cantaba para divertirse e relacionarse, pero tamén para contar e dicirse cousas, para levar mellor os esforzos dos traballos e tarefas, para entreterse nas noitiñas do inverno...

Gustounos moito poder explorar e experimentar con todos os instrumentos. Temos agora mais preguntas e curiosidades que axudarán a que sigamos coñecendo parte do que nos define.



viernes, 6 de junio de 2025

Autor@s: Miguel Alonso Diz

O alumnado de 4º de Primaria foi  último en recibir a visita do autor. Non por iso resultou menos interesante e gratificante. Moitas grazas polo tempo compartido con nós, sempre son momentos máxicos.

  




Día do libro

 A conmemoración do día do libro tivo lugar ao longo de varias semanas e arredor do libro" 20.2000 leguas de viaxe submarina "de Julio Verne, conectando co noso proxecto de centro.

Logo de averiguar de que autor e de cal dos seus libros íamos a falar, mergullámonos no mundo do fondo mariño e o Nautilos para ir superando diferentes retos que ían aparecendo no noso caderno de bitácoras. Superados todos eles chegou o momento da búsqueda do tesouro.















Obradoiros

Os obradoiros levados a cabo no tempo de lecer chegan á súa fin. Deixamos unhas fotos dun dos da última semana xunto coa despedida das organizadoras. Moitas grazas pola iniciativa. Botaremos en falta estes momentos compartidos.









Día do Libro

Como o noso rato non da puntada sen fío, resulta que a correspondencia gardaba relación coa súa proposta para conmemorar o Día do Libro. Pre...