martes, 17 de junio de 2025

Instrumentos musicais

As Letras Galegas deste ano adicáronse ás cantareiras e a todas esas mulleres que fixeron chegar ata nós un patrimonio inmaterial moi importante. 

Sendo fundamenal coñecer o noso pasado e a nosa cultura, en Infantil fomos á biblioteca descubrir algúns dos instrumentos tradicionais. Moitos deles obxectos cotiás empregados para crear os ritmos que acompañaban ás voces. Porque por suposto que se tocaba e cantaba para divertirse e relacionarse, pero tamén para contar e dicirse cousas, para levar mellor os esforzos dos traballos e tarefas, para entreterse nas noitiñas do inverno...

Gustounos moito poder explorar e experimentar con todos os instrumentos. Temos agora mais preguntas e curiosidades que axudarán a que sigamos coñecendo parte do que nos define.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Autor@s. Iago López

  O alumnado de Infantil tivo a sorte de poder desfrutar da compaña de Iago López.  Un pracer escoitar A pequena osa quere xogar na súa prop...