O alumnado de 5º e 6º tivo o pracer de compartir un tempo con eva Mejuto. Como despedida non podía faltar a ansiada firma en cada un dos exemplares. Moitas grazas polo teu tempo e polo teu interese. Agardamos novas historias.
lunes, 26 de mayo de 2025
martes, 20 de mayo de 2025
Autor@s: Miguel Alonso Diz
O alumnado de 4º de Primaria tivo o pracer de compartir tempo e conversas co autor Miguel Diz, ao que agradecemos a súa visita, o seu cariño e bo facer. Ademias, por suposto, das historias que nos comparte a través dos seus libros.
martes, 29 de abril de 2025
Autor@s: David Rodríguez
Esta vez tivemos a visita do escritor David Rodríguez, que chegou para falarnos do seu libro "Superavoa". E para traer sorpresas musicais.
Moitísimas grazas polo tempo compartido con nós, foi un pracer. De seguro que habemos de vernos en mais ocasións.
lunes, 7 de abril de 2025
Obradoiros
As axudantes de biblioteca de 6º prepararon para o alumnado de 5 anos un obradoiro a partir do conto Simón corazón de camaleón. O obradoiro tivo lugar en diferentes días. Comezaron contando a historia a partir de material en formato papel e dixital elaborado por elas e continuou cunha proposta plástica levada a cabo ao longo de tres xornadas.
Foi unha experiencia fantástica. Grazas pola vosa iniciativa e organización de cada unha das sesións, inclusive dos tempos de espera. Grazas tamén a todos os adultos que fomentades e permitides que estas iniciativas teñan lugar. Estes, mais os previos, son momentos de grande aprendizaxe. Non pode haber aprendizaxe mais significativa, mais ampla e enriquecedora. Outro momento de ser escola e de crecemento persoal.
miércoles, 2 de abril de 2025
8 de marzo
Lembrades a Luísa Capetillo e a Arminda dos pantalóns? Pois con elas como inspiración, o noso Mik deixou na aula para actividades plásticas unhas caixas con diferente material (unha para cada curso) e material para compartir e nos propuxo empregar as nosas dotes artísitcas e de deseño para decorar uns pantalóns. Ao mesmo tempo, nos obradoiros da biblioteca elaboraron unhas pancartas. E con todo iso fixemos unha montaxe no peche da nosa escola, cun código QR elaborado polo alumnado de 6º no que explicaban de que se trataba a actividade, para que as nosas familias e veciños soubesen en que andivemos a traballar.
martes, 1 de abril de 2025
Obradoiros
Como xa sabedes, no tempo de lecer, os luns e os xoves, hai obradoiros de diferente tipo na Biblioteca. Deixamos aquí unhas imaxes duns deses obradoiros desta semana.
lunes, 17 de marzo de 2025
Autor@s: Ledicia Costas
Ao alumnado de Infantil veunos a visitar Ledicia Costas co seu libro "Sete dentes de león". Encantounos o libro. Desfrutamos escoitando a historia pero tamén xogando con el e cun dos seus elementos. Un que sempre nos cautiva pola súa maxia e fermosura: o arco da vella.
Grazas polo conto, pola túa visita e a túa calma e dozura neste tempo compartido con nós.
Autor@as: Marta Villar
Xa comezamos coas tan agardadas visitas das autoras e autores deses libros que levamos un tempo traballando. Que gusto poder compartir un tempo con elas e eles, poñerlles cara, saber cousas das súas historias... Como sempre un pracer. Moitas grazas.
Neste caso comezamos con Marta Vilar e as historias do seu canciño.
martes, 18 de febrero de 2025
8 de marzo
O día 8 de marzo conmemórase o Día da Muller e, aínda que todavía falta, o noso amiguiño xa andivo a darlle á cabeza e a facernos propostas. Se para a Paz se inspirou nunha canción, neste caso o fixo nun libro titulado "Los pantalones de Luisa". Os nosos axudantes de biblioteca puxeronlle voz a esta historia para que todo o alumnado do centro puidese coñecela. Moitas grazas.
viernes, 14 de febrero de 2025
A Paz
Como xa vos contamos, o día 30 foi o día de ver o noso vídeo e recoller a botella para ler as mesaxes e decidir que queríamos facer con elas. As opcións eran case infinitas. Imos a contarvos algunhas: o alumnado de 3 anos decidiu facer con elas bandeiras para o seu castelo e que así formasen parte do seu día a día, o alumnado de 5 anos elexiu unha imaxe relacionada con cada frase para poder lembrala cada vez que visen a imaxe, logo as colocaron nun lugar especial da aula; tamen en 2º e 3º decidiron telas presentes e ben visibles nun espazo determinado da súa aula.
Como vedes, o punto en común foi que estivesen á vista para poder lembralas e acudir a elas en calquera momento do noso tempo na escola. Deste xeito poderán reconfortarnos, axudarnos a xestionar situacións, a valorar as pequenas cousas... En definitiva, a estar mais a gusto con nós mem@s e cos demais.
viernes, 31 de enero de 2025
A Paz
Para o Día da Paz o noso amigo Mik elexiu como inspiración unha canción titulada "Abriendo caminos", que aquí vos deixamos.
viernes, 10 de enero de 2025
Grazas
O noso amiguiño Mik quixo agradecer a colaboración das nosas axudantes durante este primeiro trimestre. A súa colaboración e tan necesaria como enriquecedora.
Obradoiros
Pois o último obradoiro foi sobre Papiroflexia. Ademais de ser moi entretido, nos axuda a perfeccionar a nosa atención e concentración, a motricidade fina, a orientación e moitas cousas mais.
Moitas grazas, como sempre, ás nosas axudantes organizadoras.
Atent@s que o novo trimestre chega cargadiño de mais propostas.
martes, 3 de diciembre de 2024
Obradoiros para o tempo de lecer
Lembrade que parte das nosas axudantes de biblioteca teñen preparadas esta semana unhas propostas que terán lugar o luns e o xoves na biblioteca durante o tempo de lecer. Animádevos a participar.
Moitas grazas a elas pola inniciativa.
Nadal
Chegou o Nadal e con el o noso xa tradicional "Calendario de Adviento". Nel atoparedes información sobre a nosa cidade, centro do noso Proxecto de centro, así como propostas e preguntas que resolver. Tamén cousiñas vinculadas coa nosa música tradicional, pois como xa sabedes, este curso o Día das Letras Galegas estará presente de xeito transversal ata o seu remate alá por xuño. E, por suposto, cousiñas de Nadal.
O noso ratiño agarda que desfrutedes moito desas visitas diarias á biblioteca para descubrir que agocha cada bolsiña.
Autor@s. Iago López
O alumnado de Infantil tivo a sorte de poder desfrutar da compaña de Iago López. Un pracer escoitar A pequena osa quere xogar na súa prop...
-
O verán é un tempo longo no que desfrutar e vivir aventuras e, como xa sabedes, os libros e contos gardan moitas. É por iso que vos deixo un...
-
A xa chegou un novo curso. Esperamos que veñades con ganas porque o noso amiguiño Mik xa tiña moitas de vervos por aquí, de escoitar as vosa...
-
Os obradoiros levados a cabo no tempo de lecer chegan á súa fin. Deixamos unhas fotos dun dos da última semana xunto coa despedida das organ...






























.jpg)
.jpg)






