As axudantes de biblioteca de 6º prepararon para o alumnado de 5 anos un obradoiro a partir do conto Simón corazón de camaleón. O obradoiro tivo lugar en diferentes días. Comezaron contando a historia a partir de material en formato papel e dixital elaborado por elas e continuou cunha proposta plástica levada a cabo ao longo de tres xornadas.
Foi unha experiencia fantástica. Grazas pola vosa iniciativa e organización de cada unha das sesións, inclusive dos tempos de espera. Grazas tamén a todos os adultos que fomentades e permitides que estas iniciativas teñan lugar. Estes, mais os previos, son momentos de grande aprendizaxe. Non pode haber aprendizaxe mais significativa, mais ampla e enriquecedora. Outro momento de ser escola e de crecemento persoal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario