Para o Día da Paz o noso amigo Mik elexiu como inspiración unha canción titulada "Abriendo caminos", que aquí vos deixamos.
viernes, 31 de enero de 2025
A Paz
viernes, 10 de enero de 2025
Grazas
O noso amiguiño Mik quixo agradecer a colaboración das nosas axudantes durante este primeiro trimestre. A súa colaboración e tan necesaria como enriquecedora.
Obradoiros
Pois o último obradoiro foi sobre Papiroflexia. Ademais de ser moi entretido, nos axuda a perfeccionar a nosa atención e concentración, a motricidade fina, a orientación e moitas cousas mais.
Moitas grazas, como sempre, ás nosas axudantes organizadoras.
Atent@s que o novo trimestre chega cargadiño de mais propostas.
martes, 3 de diciembre de 2024
Obradoiros para o tempo de lecer
Lembrade que parte das nosas axudantes de biblioteca teñen preparadas esta semana unhas propostas que terán lugar o luns e o xoves na biblioteca durante o tempo de lecer. Animádevos a participar.
Moitas grazas a elas pola inniciativa.
Nadal
Chegou o Nadal e con el o noso xa tradicional "Calendario de Adviento". Nel atoparedes información sobre a nosa cidade, centro do noso Proxecto de centro, así como propostas e preguntas que resolver. Tamén cousiñas vinculadas coa nosa música tradicional, pois como xa sabedes, este curso o Día das Letras Galegas estará presente de xeito transversal ata o seu remate alá por xuño. E, por suposto, cousiñas de Nadal.
O noso ratiño agarda que desfrutedes moito desas visitas diarias á biblioteca para descubrir que agocha cada bolsiña.
viernes, 22 de noviembre de 2024
Samaín
O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca en formato vídeo.
lunes, 11 de noviembre de 2024
Reapertura
Moi boas nenas e nenos, familias!!!! Aquí estamos de novo, comezamos a nosa andaina. Preparad@s para mil e unha aventuras?
Para aqueles que non estades cada mañan na escola imos a contarvos que os días 24 e 25 de outubro (preto do Día Mundial das Bibliotecas) tivo lugar a gran Reapertura. Foron días de visitar a biblio para recoller mochilas viaxeiras, carpetas, carnés...e para facer o visionado dun pequeno video co que lembrar algunhas cousiñas a ter en conta cando facemos uso deste espazo.
O día 25 foi o día máxico. Xa Mik nos escribira falando da conexión entre a lectura, as historias, e a maxia. Pois resulta que convidou a un mago, de nome Noel, para que nos fixese rir, espertase a nosa imaxinación e nos fixese crer que todo é posible. Moitísimas grazas, amigo ratiño, e Mago Noel, así como a tod@s os colaboradores.
Día do Libro
Como o noso rato non da puntada sen fío, resulta que a correspondencia gardaba relación coa súa proposta para conmemorar o Día do Libro. Pre...
-
O verán é un tempo longo no que desfrutar e vivir aventuras e, como xa sabedes, os libros e contos gardan moitas. É por iso que vos deixo un...
-
Os obradoiros levados a cabo no tempo de lecer chegan á súa fin. Deixamos unhas fotos dun dos da última semana xunto coa despedida das organ...
-
A xa chegou un novo curso. Esperamos que veñades con ganas porque o noso amiguiño Mik xa tiña moitas de vervos por aquí, de escoitar as vosa...




.jpg)
.jpg)







