O Samaín trouxo novas propostas de Mik. Para ir lembrando información sobre esta celebración enviounos a adaptación dun libro da biblioteca en formato vídeo.
Tamén nos deixou esta presentación con mais información. Antes de levar a cabo as propostas é necesario documentarse ben.
Clica na imaxe
Con todos os datos frescos, chegou o momento das diferentes propostas, situadas en diversos espazos do centro. Na Biblioteca tocou facer unha pócema con herbas da contorna e un conxuro, na sala de luz negra unha actividade na que por en práctica as nosas dotes artísticas e logo dúas propostas nas que demostrar os coñecementos sobre esta celebración e sobre os Castros e castrexos, xa que o noso cole está construido sobre un (unha por equipos e outra en formato dixital).
Moitas grazas a Mik, as súas axudantes e tamén a quen puxo voz a ese conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario