viernes, 27 de febrero de 2026

Obrradoiros

Un obradoiro artístico, no que transformar algo cotiá coma un vaso de papel en algo diferente. Calquera personaxe co que crear historas.
Grazas, coma sempre. 





Día da Paz

Para conmemorar o día da Paz, Mik fíxonos unhas propostas relacionadas coa comunicación entre as árbores. Foi así como descubrimos a Suzanne Simard e as súas investigacións, como soubemos que as árbores, por medio das raíces dos fungos, se transmiten información e nutrientes; da importancia das chamadas árbores nai, da necesidade da convivencia de árbores de diferente tipo... E así reflexionamos sobre a nosa sociedade, a importancia das persoas que van acumulando saberes, da necesidade dunha sociedade diversa, de diferentes formas de comunicarse, como o silbo da Gomera, sinais de fume, as campás... E como despois de escoitar á neurocientífica Nazareth Castellanos nos deixamos levar pola música entendendo que o corpo aporta moita información cando falamos de comunicación.

Foron xornadas de reflexión, intercambio de opinións, novas informacións e descubrimentos, convivencia e moito mais. 

Moitas grazas a quen nos acompañou e conduciu nestas propostas.


 
 

viernes, 20 de febrero de 2026

Obradoiros

E como a biblioteca é un lugar cheo de libros e historias, esta vez foi lugar de contacontos. Conacontos especiais, pois foron as axudantes as encargadas de relatar as historias que, nos libros que elas mesmas seleccionaron, aparecían. Son un pracer estos momentos, tanto para as contadoras e contadores como para aqueles que deciden abrir a súa imaxinación ás historias contadas. 

Ler por nós mesmos é estupendo, pero tamén é un gusto poder escoitar.

Moitas grazas por esta proposta, a caras son testemuña do éxito da mesma. 






martes, 3 de febrero de 2026

Obradoiros

Un dos últimos obradoiros do mes de xaneiro foi facer flores empregando as pegadas das nosas mans. Moitas grazas axudantes!!!







Obradoiros

  Este mes de marzo comezamos con dous obradoiros moi entretidos. Un para facer un pequeno tres en raia que levar con nós e poder xogar en c...